Thursday 09 de May de 2024

O Centro de Día de Miño acollerá aos primeioros usuarios no mes de decembro


O centro dispón dunha capacidade máxima de 30 prazas
A Xunta de Galicia pon en servizo o centro de día de Miño, xestionado pola Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, despois de que varios usuarios teñan solicitado unha praza neste centro.
O comezos do 2019 a Xunta puxo a disposición dos veciños do concello de Miño e da súa contorna este centro que conta cunha capacidade máxima de 30 usuarios, despois da sinatura do convenio de xestión entre conselleira de Política Social, Fabiola García, e o concello de Miño. O modelo de cofinanciamento será o establecido mediante o acordo marco asinado entre a Fegamp e o Consorcio para este tipo de centros.
A previsión era que a comezos de 2020 o centro acollera aos primeiros usuarios, pero isto non foi posible por mor da pandemia. Agora son oito maiores os que se incorporan ao centro, posibilitando a apertura e posta en funcionamento deste equipamento que se inclúe na rede pública de atención ás persoas maiores da Xunta de Galicia..
Este centro para os maiores de Miño e da súa contorna dispón de 360 metros cadrados repartidos entre planta baixa e primeira planta. Conta con comedor, sala de rehabilitación, sala de enfermería e curas, e sala polivalente para diversas actividades. Esta última dispón ademais cunha parte de galería. O centro dispón dunha capacidade máxima de 30 prazas.